Thursday 02 de May de 2024

Ribeira alberga a presentación do nº 8 revista ‘Follas Novas’ de estudos rosalianos


A Fundación Rosalía de Castro presentou no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira o número 8 da revista de estudos rosalianos, ’Follas Novas’,nun acto que contou coa presenza do director da revista, Xosé Luís Axeitos; o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira; a profesora Pilar García Negro; o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral e o segundo tenente de alcalde Francisco Suárez-Puerta.
No oitavo número de ‘Follas Novas’, que patrocina o Concello de Ribeira atopamos artigos e investigacións de diversos expertos na vida e obra de Rosalía e de Murguía, como Uxío Breogán Diéguez (UDC), Adrián Estévez (RAG), Aurora López e Andrés Pociña (Universidade de Granada), Mariña Paradelo, Diego Rodríguez, Xosé Luís Axeitos, Pilar G. Negro e Simón Vicente, Diego Rivadulla, Ana Acuña e Margarita Viso.

A temática vai desde a proxección mediática de Murguía en Galicia e na emigración, a presenza rosaliana nos proxectos Wikiimedia, a pegada rosaliana en Italia, a loucura e o xénero en dúas novelas de Rosalía, e as autotraducións das obras rosalianas. entre outros temas. ascendencia vasca, o seu celtismo, a súa relación co naturalista Vítor López Seoane, o seu pensamento sobre o medioevo, unha publicación escolar que realizou (‘La primera luz’), ou o apéndice musical da súa ‘Historia de Galicia’, entre outros.

O rexedor, Luís Pérez, destacou que o acto salda unha “débeda histórica” que o Concello de Ribeira tiña coa Fundación á hora de “promover os estudos, coñecemento e divulgación da vida e obra dunha das autoras máis importantes da literatura galega.”

Deja un comentario